A raíz da promoción e repercusión mediática do programa de recuperación de especies autóctonas levado a cabo polo INORDE, varios gandeiros da zona se interesaron pola cría do Porcino denominado “Celta”, este feito deu como resultado un bo número de crías que saíron á venda e foron absorbidas polo mercado local.
O primeiro contacto do consumidor coa carne das canais destes porcos foi de unha aceptación moderada debido á gran abundancia de graxa subcutánea, propia da mesma raza e acentuada pola alimentación excesiva en fariñas millas e féculas que nun réxime estabulado provoca esta acumulación excesiva de tecidos graxos.
A irregular aceptación do producto no mercado familiar de proximidade para “porco da casa” e a inexistencia dun mercado propio e adecuado fai que a producción de animais se acumule nas explotacións familiares sen perspectivas de rendibilidade que as fagan viables economicamente e aseguren deste xeito a permanencia da raza |
Raza de gran rusticidade
Orellas longas, fronte en angulo recto co fuciño.
|