A Comercialización do Porco Celta de Beariz aproveita as canles habituais que funcionan para os productos cárnicos transformados de calidade pero a exaltación da marca e a promoción inclúe a celebración dunha festa gastronómica do Porco Celta en Beariz que conta co apoio de varias institucións, entre elas o Concello de Beariz, a Deputación Provincial, O Inorde e as caixas de aforros
O 18 de marzo de 2012 celébrase a 6 ª edición desta xornada entorno ó Porco Celta.
Gracias ás oportunas xestións do INORDE, esta festa conta cunha denominación recoñecida e grarantida por un rexistro de marca que a denomina "FESTA DO PORCO CELTA DE OURENSE EN BEARIZ". A partir de agora traballaremos para mellorala e lograr que acade a categoría de festa de interese turístico.
A festa deste ano estará dedicada ós emigrantes galegos en Panamá
|