A Comercialización do Porco Celta de Beariz aproveita as canles habituais que funcionan para os productos cárnicos transformados de calidade pero a exaltación da marca e a promoción inclúe a celebración dunha festa gastronómica do Porco Celta en Beariz que conta co apoio de varias institucións, entre elas o Concello de Beariz, a Deputación Provincial, O Inorde e as caixas de aforros
O 15 de marzo de 2009 está prevista a celebración da 3ª edición desta xornada entorno ó Porco Celta.
Gracias ás oportunas xestións do INORDE, esta festa conta cunha denominación recoñecida e grarantida por un rexistro de marca que a denomina "FESTA DO PORCO CELTA DE OURENSE EN BEARIZ". A partir de agora traballaremos para mellorala e lograr que acade a categoría de festa de interese turístico.
A festa deste ano estará dedicada ós emigrantes galegos en Alacante. Representados polo Presidente do Centro Galego de Alacante D. Odilo Rial Cortizo, natural de Alén (Xirazga). Con esta dedicatoria preténdese que a Festa do Porco Celta de Beariz sexa un vínculo de unión entre Beariz e os seus veciños no exterior.
XANTAR
Menú:1º Empanada de Porco Celta, 2º chourizo de Porco Celta con cachelos, 3º Filetes de Porco Celta á plancha, Postre, café e licores.
Sortearase un leitón de Porco Celta entre os asistentes ó xantar.
O precio é de 20€
As entradas pódense reservar por correo electrónico: secretaria@porcoceltabeariz.com tamén chamando ó
teléfono 646565123
ou mercándoas directamente nos puntos de venda colaboradores, Bar Beariz, Bar Centro Caixanova Beariz e Caixagalicia Beariz.
|